jueves, 26 de abril de 2012


Comprácenos anunciar que esta semana saen á venda as actas resultantes do I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia. Esperamos contribuír con elas a divulgar a importancia histórica das nosas mulleres, así como a alentar a realización de novos estudos que as tomen en consideración, poñendo de manifesto o seu protagonismo activo no seo das sociedades pasadas, presentes e futuras.

Co desexo dunha agradable e enriquecedora lectura, convídamosvos a compartir connosco esta obra, que resultou dun esforzo colectivo que os editores queremos agradecer.

García-Fernández, Miguel, Cernadas Martínez, Silvia e Ballesteros Fernández, Aurora (eds.), As mulleres na historia de Galicia. Actas do I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero, Santiago de Compostela, Andavira, 2012 (1 vol. + 1CD). Prezo: 16 €

Índice da obra "As mulleres na historia de Galicia"