martes, 8 de febrero de 2011

Luisa Muñoz Abeledo

A Dra. Luisa Muñoz Abeledo presentará no "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na historia de Galicia" o relatorio "A actividade laboral das mulleres na Galicia contemporánea”.

LUISA MUÑOZ ABELEDO é Doutora en Historia Económica pola Universidade Autónoma de Barcelona e profesora no Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigadora visitante en varias universidades foráneas (British Columbia University-Canadá, Center for the History of Business, Technology and Society-Estados Unidos, Universidade de Porto-Portugal). As súas principais liñas de investigación son a historia do traballo e da empresa dende una perspectiva de xénero e os niveis de vida en industrias marítimas. Entre as súas publicacións máis destacadas atópanse Género, trabajo y niveles de vida en la industria conservera de Galicia, 1870-1970 (2010); “Políticas patronales y sindicales en el sector de conservas de pescado, 1880-1936” en Género y políticas del trabajo en la España contemporánea : 1836-1936 (2007); Políticas laborales y género: Estado, empresarios, gremios y sindicatos frente al trabajo de las mujeres en España (2007); “Labour segmentation in the Spanish fish-canning industry. A historical perspective, 1880-1960”, Continuity and Change (2006); “Labour Market in the Spanish Fish-Canning Industry, 1880-1977: Labour Contracts and Work Organization”, International Journal of Maritime History (2005); e “Living Standards in Spanish Canning and Fishing Families during the Interwar Period”, Production and Consumption in the North Atlantic Fisheries (2005). Ademais, recibiu o I Premio da USC á Introdución da Perspectiva de Xénero na Investigación por “Muller, traballo e niveis de benestar na costa de Galicia. Unha ollada ao século XX” (2010).

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez, M. García-Fernández

Coa colaboración da

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario