RAQUEL VÁZQUEZ RAMIL (A Coruña, 1960). En 1983 licenciouse en Xeografía e Historia, coa especialidade en Historia Contemporánea, na Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario. A súa tese doutoral, sobre La Institución Libre de Enseñanza y la educación de la mujer en España: la Residencia de Señoritas (1915-1936), tamén foi merecedora do Premio extraordinario en 1989 e publicada no 2001. Obtivo bolsas de investigación da Fundación Ortega y Gasset (1984-86) e do Instituto da Muller de Madrid (1988), ademais de ter participado en diversos congresos e xornadas. As súas principais liñas de investigación son a historia da cultura dos séculos XIX e XX, a historia das mulleres e a historia da educación da muller. Así mesmo, é membro da Asociación Colexial de Escritores e Tradutores de España (ACETT), pois é tradutora autónoma de inglés-español, con máis de setenta libros traducidos e publicados de literatura xuvenil, de adultos e de Ciencias Sociais.
O Comité Organizador:
A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández
Coa colaboración da
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade