jueves, 28 de abril de 2011

Crédito de Libre Configuración

Dende o Comité Organizador queremos informar de que o Crédito de Libre Configuración estará dispoñible a partir de mañá ou da semana que vén nas correspondentes Unidades de Xestión Académicas.

Un cordial saúdo

P. S. Para evitar calquera problema á hora de convalidar o Crédito recomendámoslles que avisen do código da actividade 2011/10 ou do título "I Encontro Interdisciplinar de Hª de Xénero". Puxeron Hª abreviado o que pode xerarlles algún problema á hora de buscar o nome da actividade no ordenador, de todos modos xa comprobamos que o Crédito SI está dispoñible dende o venres 29 de abril.

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración das

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua


lunes, 11 de abril de 2011

Envío de resumos ou comentarios para a concesión do Crédito de Libre

Dende o Comité Organizador do"I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" dirixímonos a tódolos asistentes  que solicitaron crédito de Libre configuración para comunicarlles que:

-é preciso ter un mínimo de asistencias.

-necesitamos que os resumos ou comentarios sexan enviados ao correo xornadastriada@gmail.com antes do mércores, 20 de abril do 2011 (inclusive). Ampliamos o prazo para facilitar o envío xa que unha vez que entreguemos a acta, esta será pechada e non se poderán facer cambios.

-pídese unha extensión de entre 2 a 5 páxinas, así como seriedade e unha mínima calidade no contido e na forma  do texto para a concesión do Apto.

Moitas grazas pola vosa asistencia. Esperamos que fosen unhas fructíferas xornadas para todas/os.

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración das

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua

viernes, 8 de abril de 2011

Agradecementos

En nome do Comité Organizador do "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" e do meu propio (Miguel García-Fernández), redacto estas escasas liñas cun obxectivo ben simple: darvos as grazas a todas (maioría indiscutible) e a todos (minoría que espero que vaia in crescendo) as/os que asististes e apoiastes esta iniciativa.

Antes de nada, pido desculpas polos posibles erros que puidemos cometer na organización das xornadas. Espero que as/os relatores, as/os comunicantes e as/os asistentes sexan benévolas/os connosco e saiban perdoar as faltas. Os nervios non son os mellores compañeiros para comezar novas empresas así que, talvez, as intencións poidan servir de atenuante...

Non é cuestión de reiterar os agradecementos pronunciados na sesión de clausura, pero si quixera insistir na importancia do apoio xa non só institucional, senón tamén -e sobre todo- das persoas (con nomes propios). Grazas. Os vosos nomes figuran nos trípticos... Grazas á vosa desinteresada colaboración e, especialmente, grazas ás vosas palabras de alento, sentímonos profundamente felices e satisfeitos.

Pero non só a eses dirixo o meu agradecemento, tamén llo envío ás nosas familias e aos que asistiron porque o tema lles interesa de verdade. Con estes últimos comparto un camiño que aínda estou comezando a percorrer pero polo que espero transitar durante moito tempo, pensando con seguridade que, ao final do camiño, as rosas vermellas poderán florecer para ledicia da Nai Terra. 

Mil grazas por mimar a esta primeira filla que foi concebida o 15 de abril do 2010. Dende o berce sorrí e, agora, tres días despois de ver as primeiras raiolas do sol, só desexa que a acompañedes mentres crece.

GRAZAS

jueves, 7 de abril de 2011

Resumos ou comentarios para a obtención do crédito de Libre configuración

Ademais do mínimo de horas precisas para a concesión do Crédito de Libre Configuración, os asistentes ao "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" deberán enviar ao correo electrónico xornadastriada@gmail.com un resumo ou comentario sobre algunha das sesións -ou varias delas- antes do próximo venres, 15 de abril do 2011.
A extensión dos traballos deberá ser de 2 a 5 páxinas.

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración das

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua

lunes, 4 de abril de 2011

Prazas completas

Dende o Comité Organizador lamentamos informar que por problemas de espazo non podemos aceptar matriculacións de última hora. As prazas dispoñibles no Salón de Actos da Facultade de Filosofía están cubertas, polo que nos resulta imposible ampliar prazos de matrícula. 

Desculpen as molestias e reciban un moi cordial saúdo.

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración das

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua