martes, 11 de enero de 2011

Ana Mª Suárez Piñeiro

A Dra. Ana Mª Suárez Piñeiro participará no I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia co relatorio A muller galaico-romana na Historia de Galicia.

ANA SUÁREZ PIÑEIRO (Santiago de Compostela, 1968) é licenciada en Xeografía e Historia na USC (1991) e doutora pola mesma universidade (1996), na especialidade de Historia Antiga. Realizou diversas estadías de investigación no estranxeiro, na Escuela Española de Historia y Arqueología do CSIC en Roma e no University College London. Tras ser investigadora do CSIC (Programa I3P: 1999-2005) incorporouse á USC como investigadora Parga Pondal (2005-2010) no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e no Departamento de Historia I. Dende novembro do 2010 é Profesora Contratada Doutora na Área de Historia Antiga da USC. As súas investigacións seguen tres liñas de traballo fundamentais: a historia política da tardía República romana, a Galicia romana e o patrimonio galaico-romano. Os seus estudos viron a luz en diversas monografías, artigos científicos e publicacións de divulgación, entre os que cabe destacar os seguintes: Os romanos en Galicia (2001), En campaña electoral por la Roma de Cicerón. La política romana a finales de la República (2003), La crisis de la República romana: la alternativa política de los populares (2004), Os primeiros anticuarios de Galicia. A historia antiga de Galicia ata o ano 1800 (2005), A vida cotiá na Galicia romana (2006) e A romanización en Galicia (2009).

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración da:

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario