O venres 8 de abril a Dra. Pilar Cagiao Vila presentará ante os asistentes ao "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" o relatorio "De viúvas de vivos a protagonistas das migracións: as mulleres galegas en América".
PILAR CAGIAO VILA é Profesora Titular de Historia de América na USC e, actualmente, directora do Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas “Gumersindo Busto” desa Universidade. Entre as liñas de investigación que desenvolve destacan as relativas ós movementos migratorios e ás relacións culturais entre España e América. É autora de libros como Muller e Emigración (1997) ou Os galegos de Ultramar: de emigrados a inmigrantes (2007); co-autora con M. L. Pazos de Os Galegos e o mundo colonial americano (2007) e, con X. M. Núñez Seixas, de Galicia e o Río da Prata (2007). Ademais, coordinou distintas publicacións sobre temática migratoria como Galegos en América, “americanos” en Galicia, as colectividades inmigrantes en América e a súa impronta na sociedade galega (séculos XIX e XX) (1999), O Exilio Galego (2006, co-ed. con X. M. Núñez Seixas), De raíz profunda: Galicia y lo gallego en Cuba (2007, co-ed. con Sergio Guerra); así como outras relacionadas coa historia cultural latinoamericana: Cien Años de la Biblioteca América (2004); Aproximación al americanismo entre 1892 y 2004 (2006, co-ed. con E. Rey Tristán); De ida y vuelta. América y España: los caminos de la cultura (2007, co-ed. con E. Rey Tristán). Na súa actividade docente, iniciada en 1986, dirixiu varios traballos de investigación e teses doutorais e, como profesora invitada, impartiu cursos nas Universidades Portucalense de Porto, París VII, e varias latinoamericanas. Foi directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, a cuxa comisión técnica continúa pertencendo, e é co-editora da revista Estudios Migratorios (CCG-USC).
O Comité Organizador:
A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández
Coa colaboración das
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua
No hay comentarios:
Publicar un comentario