Dende o Comité Organizador do"I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" dirixímonos a tódolos asistentes que solicitaron crédito de Libre configuración para comunicarlles que:
-é preciso ter un mínimo de asistencias.
-necesitamos que os resumos ou comentarios sexan enviados ao correo xornadastriada@gmail.com antes do mércores, 20 de abril do 2011 (inclusive). Ampliamos o prazo para facilitar o envío xa que unha vez que entreguemos a acta, esta será pechada e non se poderán facer cambios.
-pídese unha extensión de entre 2 a 5 páxinas, así como seriedade e unha mínima calidade no contido e na forma do texto para a concesión do Apto.
Moitas grazas pola vosa asistencia. Esperamos que fosen unhas fructíferas xornadas para todas/os.
O Comité Organizador:
A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández
Coa colaboración das
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua
No hay comentarios:
Publicar un comentario