viernes, 18 de febrero de 2011

Programa do I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero

Dámos a coñecer o programa íntegro do "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na historia de Galicia" que se celebrará os vindeiros días 6, 7 e 8 de abril no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos).
.

MÉRCORES, 6 DE ABRIL DO 2011

09:00 Entrega da documentación. 

09:15 Presentación do Encontro.

ENTRE HISTORIOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA

10:00h José Carlos Bermejo Barrera (Catedrático do Departamento de Historia I da USC): "De mulieribus fabula narratur. Pensar e escribir sobre a Historia das Mulleres". 

11:00h Blanca Verdía Barbará (Doutora en Historia pola USC): “A incorporación das mulleres victorianas ao mundo académico: o exemplo de Jane Ellen Harrison".

12:00h DESCANSO

12:30h María del Mar Llinares García (Profesora Titular do Departamento de Historia I da USC): “Mulleres na Prehistoria, entre realidade e mito”.

13:30h COMUNICACIÓNS.

 “Histéricas e meigas: un estudo da muller galega na Historia”. Alma López Vale (Licenciada en Filosofía pola USC).

  “A situación xurídico-política da muller en Galicia”. Rosa Mª Ricoy Casas (Profesora Asociada no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía na Universidade de Vigo). 

  “O papel da muller na Historia da Arte: Mulleres e Arte en Galicia no século XX. Perspectivas desde o ámbito educativo”. Mª Rocío Figueroa Guisande (Profesora de Educación Secundaria, especialidades de Xeografía e Historia).

HISTORIA ANTIGA

16:15h Ana María Suárez Piñeiro (Profesora Contratada Doutora no Departamento de Historia I da USC): “A muller galaico-romana na Historia de Galicia”.

17:15h Fátima Díez Platas (Profesora Contratada Doutora no Departamento de Historia da Arte da USC): “Retratos de grupo: a representación dos grupos femininos na cerámica grega”. Relatorio lido polo Profesor Titular do Departamento de Historia I da USC, Pedro M. López Barja de Quiroga.

18:15h DESCANSO

 18:45h Eva Castro Caridad (Catedrática do Departamento de Latín e Grego da USC e Vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao): “Literatura latina feminina”. 

19:45h COMUNICACIÓNS.

  “Na procura da feminidade burguesa: a visión romántica da muller nos retratos de Dionisio Fierros”. Diego Rodríguez Paz (Departamento de Historia da Arte, USC).

  “Mulleres e Historia de Galicia na lírica de Luís Seoane”. José Ángel García López (Profesor Contratado Doutor no Departamento de Filoloxía Catalá da Universidade de Alacant).

  “Católicas, apostólicas e activistas. A mobilización católica feminina en Galicia na década dos anos 30”. Julio Prada Rodríguez e Ana Cebreiros Iglesias (Departamento de Historia, Arte e Xeografía, Universidade de Vigo).

  “Maternidade social e feminismo católico. Asociacionismo feminino confesional na provincia da Coruña durante o primeiro terzo do século XX”. Ana Estévez Lavandeira (Museo do Pobo Galego).

.

XOVES, 7 DE ABRIL.

HISTORIA MEDIEVAL

09:30h Marta Cendón Fernández (Profesora Titular do Departamento de Historia da Arte da USC): “A imaxe da muller na arte baixomedieval galega”.

10.30h María Gloria de Antonio Rubio (CSIC-Xunta de Galicia): “A Historia das Mulleres dende o IEGPS: proxectos e resultados. O caso das mulleres xudías medievais”. 

11.30h DESCANSO

12:00 COMUNICACIÓNS.

O protagonismo das raíñas Urraca e Teresa na construción política da banda fronteiriza do Miño”. Suso Vila (Historiador e escritor).

A relixiosidade feminina na Galicia medieval: As Donas Toquinegras e a súa relevancia histórico-social (ss XI-XV)”. Teresa Moure Pena (Profesora no IES Chan do Monte de Marín). Comunicación lida por Miguel García-Fernández.

Georgiana Goddard King, pioneira da historia da arte medieval galega”. Ana Hernández Ferreirós (Bolseira de Doutoramento no Departamento de Historia da Arte da USC).

Unha muller para a Historia: María Vinyals, marquesa de Ayerbe”. Silvia Cernadas Martínez (Bolseira de colaboración no Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC).

"O traballo das mulleres voluntarias no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela (1936-1939)". Beatriz Brasa Arias (Licenciada en Farmacia. Doutoranda en Historia da Farmacia, Contratada María Barbeito).

.

16:15h Pilar Lorenzo Gradín (Catedrática do Departamento de Filoloxía Galega da USC): “Mulleres e trobadorismo”.

HISTORIA MODERNA

17:15h Juan Monterroso Montero (Profesor Titular do Departamento de Historia da Arte da USC e Decano da Facultade de Xeografía e Historia): "Cando un ai! é un argumento e unha bágoa unha demostración... Catro séculos de calada presenza a través da arte galega".

18:15h DESCANSO

18:45h Ofelia Rey Castelao (Catedrática do Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC): “As mulleres na Galicia moderna: o que sabemos e o que non sabemos delas".

19:45h COMUNICACIÓNS.

  “Pecados e escándalos femininos. Imaxe e representación feminina nos sínodos diocesanos galegos e nas visitas pastorais de Época Moderna”. Ana Mª Sixto Barcia (Bolseira de Investigación no Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC).

  “Mulleres da Terra e do Estado de Lemos na modernidade”. Rosa Mª Guntiñas Rodríguez (Profesora no IES Francisco Daviña Rey de Monforte).

  “Emilia Pardo Bazán, escritora e pioneira”. Xulia Santiso (Conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán).

  “As que quedaron na casa. Mulleres soas na Galicia rural de posguerra (1939-1959)". Domingo Luis González Lopo (Profesor Contratado Doutor no Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC).


VENRES, 8 DE ABRIL

HISTORIA CONTEMPORÁNEA

09:15h Isaura Varela González (Profesora Titular do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC): “Vicio clandestino e mulleres marcadas. A prostitución feminina no século XIX e principios do XX”.

10:15h María Jesús Souto Blanco (Profesora Contratada Doutora no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC): “Polo que fixeron e polo que eran. A represión directa e a represión transitiva contra as mulleres na guerra civil”.

11:15h DESCANSO.

11:45h Pilar Cagiao Vila (Profesora Titular do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC): “De viúvas de vivos a protagonistas das migracións: as mulleres galegas en América”.

12:45h Luisa Muñoz Abeledo (Profesora Contratada Doutora no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC): “A actividade laboral das mulleres na Galicia contemporánea”.


16:15h Raquel Vázquez Ramil (Doutora en Historia pola USC): “As mulleres galegas e a Institución Libre de Enseñanza: de Concepción Arenal ás universitarias da Residencia de Señoritas”. 

17:15h María Xosé Agra Romero (Catedrática do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral da USC): "Señores da terra e donas de seu: un achegamento ao feminismo galego”. 

18:15h DESCANSO

18:45h Guillermina Domínguez Touriño (Profesora no IES San Clemente de Santiago): “O ensino da Historia desde a perspectiva de xénero no currículo da ESO e do Bacharelato”.

19:45h COMUNICACIÓNS.

  “Grandes mulleres da Historia visitan as aulas galegas”. Delio García Represas e Mª Virginia Calviño Baltar (Profesores no IES Ribeira do Louro en Porriño).

  “A construción da identidade de xénero e os medios de comunicación”. Carola García Calderón (Profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México).

  “Pioneiras galegas no xornalismo: a incorporación das mulleres ás redaccións dos xornais entre 1930 e 1975”. Olga Osorio Iglesias (Profesora Asociada no Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña). 

 20:15h Clausura do Encontro.
.
O Comité Organizador:
.
A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández
.
Coa colaboración das:
.
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua


martes, 8 de febrero de 2011

Luisa Muñoz Abeledo

A Dra. Luisa Muñoz Abeledo presentará no "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na historia de Galicia" o relatorio "A actividade laboral das mulleres na Galicia contemporánea”.

LUISA MUÑOZ ABELEDO é Doutora en Historia Económica pola Universidade Autónoma de Barcelona e profesora no Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigadora visitante en varias universidades foráneas (British Columbia University-Canadá, Center for the History of Business, Technology and Society-Estados Unidos, Universidade de Porto-Portugal). As súas principais liñas de investigación son a historia do traballo e da empresa dende una perspectiva de xénero e os niveis de vida en industrias marítimas. Entre as súas publicacións máis destacadas atópanse Género, trabajo y niveles de vida en la industria conservera de Galicia, 1870-1970 (2010); “Políticas patronales y sindicales en el sector de conservas de pescado, 1880-1936” en Género y políticas del trabajo en la España contemporánea : 1836-1936 (2007); Políticas laborales y género: Estado, empresarios, gremios y sindicatos frente al trabajo de las mujeres en España (2007); “Labour segmentation in the Spanish fish-canning industry. A historical perspective, 1880-1960”, Continuity and Change (2006); “Labour Market in the Spanish Fish-Canning Industry, 1880-1977: Labour Contracts and Work Organization”, International Journal of Maritime History (2005); e “Living Standards in Spanish Canning and Fishing Families during the Interwar Period”, Production and Consumption in the North Atlantic Fisheries (2005). Ademais, recibiu o I Premio da USC á Introdución da Perspectiva de Xénero na Investigación por “Muller, traballo e niveis de benestar na costa de Galicia. Unha ollada ao século XX” (2010).

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez, M. García-Fernández

Coa colaboración da

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

lunes, 31 de enero de 2011

Raquel Vázquez Ramil

A Dra. Raquel Vázquez Ramil presentará o relatorio "As mulleres galegas e a Institución Libre de Enseñanza: de Concepción Arenal ás universitarias da Residencia de Señoritas" no "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" (6, 7 e 8 de abril do 2011, Salón de actos da Facultade de filosofía).

RAQUEL VÁZQUEZ RAMIL (A Coruña, 1960). En 1983 licenciouse en Xeografía e Historia, coa especialidade en Historia Contemporánea, na Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario. A súa tese doutoral, sobre La Institución Libre de Enseñanza y la educación de la mujer en España: la Residencia de Señoritas (1915-1936), tamén foi merecedora do Premio extraordinario en 1989 e publicada no 2001. Obtivo bolsas de investigación da Fundación Ortega y Gasset (1984-86) e do Instituto da Muller de Madrid (1988), ademais de ter participado en diversos congresos e xornadas. As súas principais liñas de investigación son a historia da cultura dos séculos XIX e XX, a historia das mulleres e a historia da educación da muller. Así mesmo, é membro da Asociación Colexial de Escritores e Tradutores de España (ACETT), pois é tradutora autónoma de inglés-español, con máis de setenta libros traducidos e publicados de literatura xuvenil, de adultos e de Ciencias Sociais. 

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración da

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

lunes, 24 de enero de 2011

Concesión do Crédito de Libre Configuración

A 11 de xaneiro do 2011, a Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela recoñeceu a concesión de 1 crédito de libre configuración ás alumnas e alumnos da USC que asistan ao "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia", que se celebrará os días 6, 7 e 8 de abril do 2011 no salón de actos da Facultade de Filosofía.

O crédito está recoñecido para as alumnas e alumnos que cursen estudos conducentes ás Licencituras, Enxeñarías, Diplomaturas, Enxeñarías Técnicas e Mestres da USC. Estes deberán asistir a un 75% das conferencias e presentar á organización (xornadastriada@gmail.com) un resumo ou comentario crítico sobre algunha das sesións ás que acudiu.

Dende o Comité Organizador tamén queremos avisar de que, probablemente, as horas de formación do profesorado non sexan recoñecidas para esta actividade.

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración da

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

lunes, 17 de enero de 2011

José Carlos Bermejo Barrera

O Dr. José Carlos Bermejo Barrera asistirá ao I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia co relatorio "De mulieribus fabula narratur. Pensar e escribir sobre a Historia das Mulleres".

JOSÉ CARLOS BERMEJO BARRERA é catedrático de Historia Antiga na USC. Investigador de recoñecido prestixio, ten desenvolvido a súa investigación en dous grandes campos: as mitoloxías e as relixións antigas, e a historiografía e a teoría da Historia. Dentro do primeiro, figuran, ademais de numerosos artigos, os seguintes libros: Introducción a la sociología del mito griego (Madrid, 1979), Mitología y mitos de la Hispania prerromana I e II (Madrid, 1982 e 1986, respectivamente); El mito griego y sus interpretaciones (Madrid, 1988), Los orígenes de la mitología griega (Madrid, 1986), en colaboración con S. Reboreda Morillo e J. González García; Lecturas del mito griego (Madrid, 2002), en colaboración con F. Díez Platas; O valor da Arqueoloxía (Santiago de Compostela, 2006) xunto con M. Llinares García, e Sociedade e relixión na Galicia antiga (Santiago de Compostela, 2009). Entre as súas publicacións adicadas á teoría da Historia cabe destacar Psicoanálisis del conocimiento histórico (Madrid, 1983), El final de la Historia (Madrid, 1986); Replanteamiento de la Historia (Madrid, 1989), Fundamentación lógica de la Historia. Introducción a la Historia Teórica (Madrid, 1991); Entre Historia y Filosofía (Madrid, 1994) e Genealogía de la Historia. Ensayos de Historia Teórica III (Madrid, 1999), en colaboración con P. Piedras Monroy. En relación estreita coa temática deste Encontro, dirixiu a tese doutoral de Eulalia Simal Iglesias, William Alexander and the origins of feminist historiography (USC, 2005).

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración da:

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade



martes, 11 de enero de 2011

Ana Mª Suárez Piñeiro

A Dra. Ana Mª Suárez Piñeiro participará no I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia co relatorio A muller galaico-romana na Historia de Galicia.

ANA SUÁREZ PIÑEIRO (Santiago de Compostela, 1968) é licenciada en Xeografía e Historia na USC (1991) e doutora pola mesma universidade (1996), na especialidade de Historia Antiga. Realizou diversas estadías de investigación no estranxeiro, na Escuela Española de Historia y Arqueología do CSIC en Roma e no University College London. Tras ser investigadora do CSIC (Programa I3P: 1999-2005) incorporouse á USC como investigadora Parga Pondal (2005-2010) no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e no Departamento de Historia I. Dende novembro do 2010 é Profesora Contratada Doutora na Área de Historia Antiga da USC. As súas investigacións seguen tres liñas de traballo fundamentais: a historia política da tardía República romana, a Galicia romana e o patrimonio galaico-romano. Os seus estudos viron a luz en diversas monografías, artigos científicos e publicacións de divulgación, entre os que cabe destacar os seguintes: Os romanos en Galicia (2001), En campaña electoral por la Roma de Cicerón. La política romana a finales de la República (2003), La crisis de la República romana: la alternativa política de los populares (2004), Os primeiros anticuarios de Galicia. A historia antiga de Galicia ata o ano 1800 (2005), A vida cotiá na Galicia romana (2006) e A romanización en Galicia (2009).

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración da:

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

miércoles, 15 de diciembre de 2010

María Jesús Souto Blanco

A Dra. María Jesús Souto Blanco presentará a tódolos asistentes ao "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" o relatorio "Polo que fixeron e polo que eran. A represión directa e a represión transitiva contra as mulleres na guerra civil”.

MARÍA JESÚS SOUTO BLANCO doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940), a primeira realizada en Galicia (1997) sobre o tema da represión franquista. Ademais da súa tese, publicada en 1998, outros traballos seus que xiran en torno ó tema da represión son: Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo, (1936-1940): la corrupción y la lucha por el poder (Sada, 1999), así como varios artigos en revistas como "Proceso Vega Barrera", Unión Libre, nº 2, 1997, pp. 197-236 ou "Morir y ser muerto. Estudio de tres casos ejemplares entre los condenados a la pena capital en el primer franquismo", Sémata, nº17, 2006, pp. 473-499. Os seus últimos estudos abordan a represión franquista dende a perspectiva de xénero, destacando: “Consuelo Alonso, unha morte construída”, Unión Libre, nº 11, 2006, pp. 89-104; . “Género y compromiso. Estudio de la represión judicial ejercida sobre la mujer a raíz del estallido de la sublevación militar del 20 de julio de 1936 en Lugo”, Sémata, vol. 20, 2008, pp. 243-266 e “A persecución política da muller. Lucenses detidas no cárcere provincial de Lugo (1936-1940)”, en Emilio Grandío Seoane et alii (co-editores), A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, pp. 343-360, Universidade de Santiago de Compostela, 2008. Así mesmo, ten asistido como ponente a numerosos congresos especializados na Guerra Civil e a represión franquista. Actualmente é profesora no Departamento de Historia Contemporánea e América e coordinadora do Proxecto Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces".

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración da

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade