Xa está aberto o prazo de inscrición no I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As Mulleres na Historia de Galicia (6, 7 e 8 de abril do 2011).
O custe da inscrición será de 10 €, que deberán ser ingresados antes do 30 de marzo no número de conta 0049 2584 90 2214002210 (Banco Santander). É fundamental que se poña como "Concepto": I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero e os seus datos persoais (apelidos, nome e DNI.)
Posteriormente deberán remitir un correo electrónico a xornadastriada@gmail.com indicando os seus apelidos, nome, DNI, licenciatura que estuda (imprescindible para a xestión do crédito) ou traballo que desempeña, se solicitan Crédito de Libre Configuración ou Horas de Formación do Profesorado -en proceso de tramitación- ou se simplemente desexan un certificado de asistencia. Acompañando a estes datos deberán remitir nun arquivo adxunto unha copia do resguardo do ingreso para confirmar a súa inscrición. En canto o recibamos, enviaráselles confirmación da inscrición.
O proceso de selección será por rigorosa orde de inscrición até cubri as prazas.
No caso daqueles que soliciten o crédito de LC (30 horas) deberán asistir ao 75 % das sesións e, ao finalizar o encontro, presentar aos membros da organización un resumo das comunicacións dalgunha das sesións.
Para máis información non dubiden en contactar connosco en xornadastriada@gmail.com.
O Comité Organizador:
Silvia Cernadas Martínez, Miguel García-Fernández e Aurora Ballesteros Fernández
Coa colaboración das
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua
No hay comentarios:
Publicar un comentario