miércoles, 29 de junio de 2011

O Xogo das Cadeiras

Pregunta parlamentaria do BNG para promover a presenza equilibrada de mulleres na RAG

O vindeiro xoves 30 de xuño de 2011 a parlamentaria Ana Pontón, do BNG, preguntaralle á Secretaría Xeral de Igualdade cales son as actuacións previstas para promover unha presenza equilibrada de mulleres na composición da Real Academia Galega.

A pregunta pódese seguir en directo por Parlamento TV a partir das 10:30.
http://www.parlamentodegalicia.es

Pódese ler o texto íntegro da pregunta parlamentaria, así seguir as opinións publicadas nos medios de comunicación nas últimas semanas no blog O xogo das cadeiras:
http://xogodascadeiras.blogaliza.org/

SE CHE INTERESA ESTA INFORMACIÓN, ESPÁLLAA. PONA NO TEU BLOG, NO TEU FACEBOOK, NO TWITTER... OU REENVÍAO Á TÚA LISTA DE CORREO

-- 
O xogo das cadeiras
Manifesto pola entrada das mulleres na Academia Galega
ADHÍRETE!

domingo, 26 de junio de 2011

Palabras da Asociación Española de Investigación de Historia de las Mujeres

Con relación ao Diccionario Biográfico de la Real Academia de la Historia, a Asociación Española de Investigación de Historia de las Mujeres publicou hai uns días unhas palabras na súa web que me parecen de grande interese para reflexionar sobre o moito que queda por facer en relación á historia das mulleres e a súa integración no conxunto do quefacer historiográfico. Xulguen vostedes mesm@s:

"La AEIHM no puede, ni quiere mantenerse al margen del debate que ha ocasionado la publicación de los 25 primeros tomos del Diccionario Biográfico de la Real Academia de la Historia, obra largamente esperada y que aspira a convertirse en referencia para futuras generaciones de historiadores/as y para el público en general.


Sin entrar en otras consideraciones que ya han sido tratadas y discutidas ampliamente en otros foros y por otras personas, en el ámbito de nuestra competencia como Asociación de investigación de historia de las mujeres tenemos que poner de manifiesto nuestra preocupación respecto al grado de presencia de mujeres entre las personas biografiadas, y muy especialmente en relación con los criterios para su selección.

La AEIHM ya manifestó en carta dirigida en diciembre de 2008 al Director de la RAH su inquietud por este asunto, así como por su disconformidad con los argumentos del Doctor Anes en declaraciones a ABC: “Nuestra labor es dar fe del pasado y las mujeres han formado una parte mínima de la historia. Desde la Academia no podemos modificarla” (ABC, Sevilla, 3-12-2008). Señalábamos entonces el volumen y la calidad de los estudios sobre la Historia de las Mujeres y del Género que se producen en las universidades españolas, así como la forma en que la renovación de la biografía histórica ha asentado la idea de que la historia no ha sido protagonizada tan solo por una reducida nómina de “hombres ilustres” e incluso de “mujeres ilustres”, sino por personas de muy variada condición, cuyas vidas merecen ser reconocidas de forma individualizada siempre que las fuentes lo permitan. 
Esta carta fue respondida por el Director de la RAH, explicando el proceso seguido y manifestando su conocimiento del tema, al citar los nombres de numerosas y prestigiosas historiadoras que trabajan, entre otros, en el campo de la historia de las mujeres. Por esto nos han resultado particularmente ofensivas sus declaraciones publicadas en diversos periódicos tratando de explicar la reducida presencia de las mujeres en la RAH, que dice lamentar, con el argumento de que “las hay muy preparadas, pero menos que los hombres. Hay una cuestión: un historiador necesita disponer de muchas horas para documentarse en los archivos. Y por desgracia en las mujeres esas miles de horas están dedicadas a criar a sus hijos y a ser amas de casa” (Diario El País, 4-6-2011). Estas palabras traicionan el más elemental deber de quien es profesional de la Historia: reconocer la evidencia por encima de lugares comunes o juicios previos. En este caso, la evidencia la constituyen los centenares de profesoras e investigadoras que vienen desarrollando su actividad y acreditando sus méritos en la investigación y la docencia de la Historia y que por ello son perfectamente merecedoras de ese y otros reconocimientos.

Por todo ello, aunque ya han pasado bastantes días, seguimos esperando del Doctor Anes una rectificación de sus palabras.

17 de junio de 2011

La Junta Directiva de la AEIHM

http://www.google.aeihm.org/articulo/proposito-del-diccionario-biografico-real-academia-historia 

lunes, 6 de junio de 2011

Manifesto pola entrada das mulleres na Academia Galega. ADHÍRETE!

O xogo das cadeiras non é cousa das mulleres

A Real Academia Galega vén de escoller un novo académico malia o resón social que tivo a esixencia de cubriren as vacantes actuais con mulleres, e que se pode seguir no blog do manifesto “O xogo das cadeiras”.

Se coa simbólica concesión da cadeira de Olga Gallego a un investigador a institución puña en evidencia o seu desinterese por incorporalas, con esta elección mostra de maneira aberta o seu rexeitamento. Non o pode dicir máis clariño: no seu xogo das cadeiras non quere que entren as mulleres. A Academia afástase canto máis mellor do que se espera das máximas institucións da cultura galega para que manteñan a súa autoridade conforme aos tempos: que sexan corporacións vivas, dinámicas, comprometidas, integradoras da diversidade.

A incorporación de mulleres non é un problema senón unha oportunidade para gañar autoridade, para mostrar vontade de diálogo con estes tempos. Mais cando as cadeiras serven de poltrona, aníñase no confort do recoñecemento e iso precisamente é o que converte a Academia en dondo panteón de ilustres. Agora, cando a cultura e a lingua galega precisan institucións afoutas, que conten co máximo apoio social para afrontaren os importantes retos nos que andan, as mulleres non podían ficar excluídas mais o xogo das cadeiras déixaas fóra, como sempre.

Estamos peor que hai un ano, antes do pasamento da finada Olga Gallego. Cinco eran as mulleres con cadeira hai un ano, e catro son agora. Só podemos agardar que para a que queda vacante, elixan unha muller, mais, como ben explicou María Xosé Agra no seu artigo “Dúas cadeiras, unha Académica máis: ¡impertinencia!”, os números falan. Unha soa muller máis supón cinco académicas de trinta. Nin sequera o 20% da corporación. Por iso denunciamos que a Real Academia Galega segue co seu xogo das cadeiras.

Cadeiras para as mulleres XA!

A campaña de asinaturas do manifesto “O xogo das cadeiras” segue aberta no blog: http://xogodascadeiras.blogaliza.org/

--
Miguel García-Fernández

viernes, 6 de mayo de 2011

Reconversión do blogue

Despois destes meses dedicado ao "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia", o blogue comezará pronto unha nova etapa. Recuperando o seu sentido orixinario, "As mulleres na Historia" procurará converterse nun espazo para dar a coñecer o papel das mulleres na Historia. Xunto aos contido meramente expositivos, tamén buscaremos incitar á reflexión e ao diálogo.

Espero que pronto me acompañen neste camiño de reconstrución da xenealoxía feminina, unha xenealoxía que non só lles pertence ás mulleres, senón tamén aos homes.

Un saúdo

Miguel García-Fernández

jueves, 28 de abril de 2011

Crédito de Libre Configuración

Dende o Comité Organizador queremos informar de que o Crédito de Libre Configuración estará dispoñible a partir de mañá ou da semana que vén nas correspondentes Unidades de Xestión Académicas.

Un cordial saúdo

P. S. Para evitar calquera problema á hora de convalidar o Crédito recomendámoslles que avisen do código da actividade 2011/10 ou do título "I Encontro Interdisciplinar de Hª de Xénero". Puxeron Hª abreviado o que pode xerarlles algún problema á hora de buscar o nome da actividade no ordenador, de todos modos xa comprobamos que o Crédito SI está dispoñible dende o venres 29 de abril.

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración das

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua


lunes, 11 de abril de 2011

Envío de resumos ou comentarios para a concesión do Crédito de Libre

Dende o Comité Organizador do"I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" dirixímonos a tódolos asistentes  que solicitaron crédito de Libre configuración para comunicarlles que:

-é preciso ter un mínimo de asistencias.

-necesitamos que os resumos ou comentarios sexan enviados ao correo xornadastriada@gmail.com antes do mércores, 20 de abril do 2011 (inclusive). Ampliamos o prazo para facilitar o envío xa que unha vez que entreguemos a acta, esta será pechada e non se poderán facer cambios.

-pídese unha extensión de entre 2 a 5 páxinas, así como seriedade e unha mínima calidade no contido e na forma  do texto para a concesión do Apto.

Moitas grazas pola vosa asistencia. Esperamos que fosen unhas fructíferas xornadas para todas/os.

O Comité Organizador:

A. Ballesteros Fernández, S. Cernadas Martínez e M. García-Fernández

Coa colaboración das

Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade

Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua

viernes, 8 de abril de 2011

Agradecementos

En nome do Comité Organizador do "I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia" e do meu propio (Miguel García-Fernández), redacto estas escasas liñas cun obxectivo ben simple: darvos as grazas a todas (maioría indiscutible) e a todos (minoría que espero que vaia in crescendo) as/os que asististes e apoiastes esta iniciativa.

Antes de nada, pido desculpas polos posibles erros que puidemos cometer na organización das xornadas. Espero que as/os relatores, as/os comunicantes e as/os asistentes sexan benévolas/os connosco e saiban perdoar as faltas. Os nervios non son os mellores compañeiros para comezar novas empresas así que, talvez, as intencións poidan servir de atenuante...

Non é cuestión de reiterar os agradecementos pronunciados na sesión de clausura, pero si quixera insistir na importancia do apoio xa non só institucional, senón tamén -e sobre todo- das persoas (con nomes propios). Grazas. Os vosos nomes figuran nos trípticos... Grazas á vosa desinteresada colaboración e, especialmente, grazas ás vosas palabras de alento, sentímonos profundamente felices e satisfeitos.

Pero non só a eses dirixo o meu agradecemento, tamén llo envío ás nosas familias e aos que asistiron porque o tema lles interesa de verdade. Con estes últimos comparto un camiño que aínda estou comezando a percorrer pero polo que espero transitar durante moito tempo, pensando con seguridade que, ao final do camiño, as rosas vermellas poderán florecer para ledicia da Nai Terra. 

Mil grazas por mimar a esta primeira filla que foi concebida o 15 de abril do 2010. Dende o berce sorrí e, agora, tres días despois de ver as primeiras raiolas do sol, só desexa que a acompañedes mentres crece.

GRAZAS